Jornada RSC

RESUME E DOSSIER DE PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN EXECUCIÓN DA XORNADA FORMATIVA E APLICACIÓN PRÁCTICA DE MEDIDAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA (RSC) NAS CONFRARIAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE A CORUÑA

I. PLANIFICACIÓN
A Responsabilidade Social Corporativa {RSC) é un modelo teórico cun amplo dispositivo metodolóxico que promove que as empresas e institucións incorporen o triplo balance na canta de resultados: o balance económico, o medioambiental e o social do cal se fai eco tanto o Libro Verde {2001) da UE como a Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostible do Estado.

A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, e acceso a información pública e bo goberno, desenvolve conceptos e establece abrigas para as distintas entidades públicas, entre as que se encontran as corporacións de Dereito Público, e por conseguinte para as Contrarías de Pescadores. Tanto a transparencia como o bo goberno son elementos que forman parte do acervo conceptual da RSC, e que están incluidos dentro da “Guía de implantación e difusión da responsabilidade social corporativa nas contrarías de pescadores” editada pola Consellería do Medio Rural e Mar no ano 2015.
Así mesmo, a RSC é unha ferramenta que encaixa e reforza en Galicia o obxectivo estratéxico fixado polo FEMP no seu programa operativo 2014-2020, que persigue o desenvolvemento sostible da pesca.

A Federación Provincial de Contrarías de Pescadores da Coruña decidiu planificar e organizar unha Xornada para contribuir a orientar a xestión das contrarías do século XXI na busca da sustentabilidade utilizando a metodoloxía da Responsabilidade Social Corporativa como ferramenta operacional cara a fomentar cambios no modus operandis e na cultura e xestión destas entidades para a mellara do desenvolvemento das mesmas e das funcións que por Lei teñen encomendadas. A través da RSC se persegue a viabilidade como organización económica así como cumprir a súa misión incorporando os intereses e expectativas de todos aqueles grupos ou axentes implicados, ou afectados, pola súa xestión. A natureza xurídico-socioeconómica das contrarías de pescadores ofrecen un escenario axeitado para a aplicación da RSC. O reto está no compromiso que tanto o persoal como os órganos reitores adopten na súa incorporación. Para logralo, nesta Xornada ofreceuse unha miscelánea de conceptos e prácticas metodolóxicas que servirán para comprender a oportunidade que representa a RSC para a modernización das contrarías e de cómo ir orientando a acción para poñela en práctica.

II. ORGANIZACIÓN
Esta acción formativa está amparada polas directrices e polas disposicións lexislativas antes citadas.
A Xornada que realizamos organizouse con dous obxectivos prioritarios:
1 . divulgar os principais conceptos da RSC que afectan ás contrarías.
2. Orientar na aplicación de medidas prácticas para poñela en marcha nas entidades pertencentes á Federación. A necesidade desta Xornada débese as limitacións das que dispoñen os membros dos órganos reitores das Contrarías para asistir as sesións formativas tradicionais realizadas en horarios
laborais. Así mesmo, faise preciso impregnar esta acción formativa dun contido moi práctico adaptado as inquedanzas e capacidades dos membros das Contrarías e nas que participen ademais de docentes, profesionais do sector ou de sectores afíns. Baixo este prisma se deseñou unha xornada formativa có formato que a continuación se expón.

III. CONVOCATORIA, DESTINATARIOS, DATA, LUGAR, HORARIO, FORMATO E CONTIDOS.
Os destinatarios desta acción formativa foron os patróns maiores, presidentes das agrupacións e persoal técnico das contrarías da provincia da Coruña, todos eles invitados a participar na Xornada mediante convocatoria da Federación Provincial de data 6 de setembro de 2016 conforme o programa que se xuntaba a convocatoria e que consta como anexo a este documento. Cara a facilitar asistencia dos membros dos órganos reitores, a xornada desenvolveuse o sábado dia 17 de setembro de 2016 pola mañá no salón de actos da Federación Galega de Contrarías (Novo Milladoiro, rúa Palmeiras, Nave 84-A 1 ), cunha duración inicial de catro horas. A Xornada desenvolveuse conforme o establecido no Programa de tal maneira que comezou as 09:45 horas coa
recepción e entrega de documentación ós asistentes , para lago as 10:00 horas, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Dª Susana Rodríguez Carballo inaugurou a Xornada xunto co Presidente da Federación Provincial D. M. Daniel Formoso Moledo, quenes asistiron durante toda a mañá o desenvolvemento da mesma.
O longo da Xornada e tal como estaba programado, na primeira parte da mañá desenvolvéronse a dúas ponencias previstas, prolongándose as mesmas ata has 12:30 horas momento no que se fixo unha pausa café, pois houbo moitas intervención por parte dos asistentes dada a interactividade con que expuxeron os temas os ponentes e o interese suscitado polo contido, intervencións e intercambio de opIrnons que continuaron producíndose en dita pausa, que como se pode apreciar tivo un retraso de media hora con respecto o programa previsto. Dende as 13:00 horas ata as 14:30 horas desenvolveuse a Mesa Redonda composta por expertos na materia e que se citan mais abaixo. As 13:45 horas fixo acto de presencia na Xornada a Sra.
Conselleira do Mar Dª Rosa Quintana Carballo, que tivo a oportunidade de ver directamente a parte final da Mesa Redonda na puido apreciar parte das explicacións dos expertos e as múltiples intervencións por parte dos asistentes. Finalmente, as 14:30 horas, a Sra. Conselleira do Mar acompañada pola Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e polo Presidente da Federación Provincial de Contrarías de Pescadores de A Coruña, clausurou a Xornada destacando a gran importancia que ten para o futuro das Contrarías a implantación da Responsabilidade Social Corporativa nas mesmas e agradecendo a Federación Provincial da Coruña a organización de unha Xornada tan importante de cara os retos que supoñen o desenvolvemento da RSC nesta Entidades, agradecendo tamén a participación e asistencia a tódolos presentes representantes e técnicos das Contrarías e das Agrupacións de Mariscadores, rematando a súa intervención e a Xornada as 14:45 horas.

A Xornada estivo dividida en dous bloques temporais, un primeiro bloque no cal se impartiron dúas ponencias sobre temas claves e prácticas da RSC aplicados ás contrarías; e un segundo bloque onde tivo lugar unha mesa redonda integrada por tres expertos e aberta a participación dos asistentes onde se deron pautas para a implantación da RSC.

Os contidos da Xornada foron os seguintes:

Primeira Ponencia.- Ámbito social e ambiental da RSC nas contrarías de pescadores.
Segunda Ponencia.- Ámbito económico da RSC nas contrarías de pescadores.
Mesa Redonda.- Onde se tratou sobre os aspectos prácticos da Responsabilidade Social Corporativa nas Contrarías de Pescadores.

IV. PERFILES DOS PONENTES E EXPERTOS.
No primeiro bloque, as ponencias foron impartidas por dous profesionais que cantan tanto con una ampla cualificación en RSC como acreditación no ámbito das Contrarías de Pescadores.

  • Dª MERCEDES FERNÁNDEZ GESTIDO
  • D. TITO IGLESIAS PASTORIZA

Ámbolos dous da empresa INTERPYME, S.L. (xestión da pequena e mediana empresa), e autores da Guía de Implantación e difusión da Responsabilidade Social Corporativa nas Contrarías de Pescadores, da cal se lle entregou copia xunto con outro material a mtódolos asistentes a Xornada.
A mesa redonda estivo integrada por profesionais de distintos perfiles pero que teñen en común unha acreditada experiencia, e que poden dar pautas prácticas para aplicación da RSC nas contrarías:

  • Dª MERCEDES FERNÁNDEZ GESTIDO, lnterpyme S.L.
  • D. TITO IGLESIAS PASTORIZA, lnterpyme S.L.
  • D. JOSÉ CARLOS VILA COSTAS, Xerente da empresa KIWI ATLÁNTICO, S.A.
  • D. NACHO CASTRO FERNÁNDEZ, Secretario da Contraría de Pescadores de Muxía.