Jornada Regeneración Hábitats Zonas Costeras

ASPECTOS A DESTACAR DAS PONENCIAS

Introdución

  • Segundo manifestou a Conselleira do Mar as confrarías, xunto con outras entidades asociativas do sector pesqueiro executaron 170 proxectos nos que a Consellería do Mar investiu 4,9 millóns de euros. Estes traballos de rexeneración sumados ás actuacións de saneamento nas rías galegas realizadas pola Consellería do Mar e pola de Medio Ambiente desde o ano 2009, permitiron que mellorase a clasificación microbiolóxica de 33 zonas de produción da costa galega.
  • Este tipo de encontros constitúen unha oportunidade para que o sector, a administración e os investigadores vaian da man na toma de decisións en beneficio do mundo da pesca e o marisqueo.

A Orde de Axudas para a Restauración de Habitas ( 2017)

  • A experiencia acumulada na recuperación de hábitats mariños costeiros permitinos ter identificados os problemas máis habituais nos bancos marisqueiros con perda de biomasa así como as medidas a adoptar para recuperalos.
  • A principal tarefa executada é a descompactación do substrato, seguida da sementeira (principalmente ameixa xaponesa) e do traslado e aporte de áridos de tamaño groso.
  • O programa operativo FEMP 2014-2020 ten como obxectivo mellorar a biodiversidade e manter os servizos ecosistémicos.
  • O s proxectos para ser subvencionables deben permitir o mantemento e mellorada biodiversidade e dos servizos ecosistémicos nos bancos marisqueiros.

A Experiencia da Confraría de Pescadores de Pontedeume

  • Confraría de pescadores de Pontedeume, ante a existencia de amplías zonas cun substrato que dificultaba ou impedía a produción e/ou extracción de moluscos bivalvos, deciden reaccionar e aumentar a superficie produtiva.
  • O procedemento xeral foi a rexeneración con grava de canteira, facendo un vertido homoxéneo.
  • Se elixiron sitios que antiguamente tiveran capacidade produtiva, sen invadir zonas produtivas.
  • Estas medidas impediron que o banco denominado Croa Grande sufrira un deterioro dun 40 % da superficie produtiva.
  • A día de hoxe, e despois das mortandades sufridas durante os invernos de 2013, 2014 e 2.016 a ameixa xaponesa extraída nas zonas rexeneradas e/ou semicultivada representa un 70 % da extracción total.
  • O proceso de rexeneración tivo moita oposición dentro e fora da confraría. A patroa maior foi o ariete, o personaxe “imprescindible” para iniciar e culminar o proceso.
  • O camiño está marcado, quedan anos de esforzo e traballo para seguir acondicionando zonas e exercendo de acuicultores.

Os Impactos do Cambio Climático sobre a Pesca e o Marisqueo

  • Impactos nas pesqueiras afecta a tres aspectos: físicos, biolóxicos e socioeconómicos.
  • Seguindo a FAO os impactos do cambio climático sobre o sistema pesqueiro afecta a catro ámbitos:
    • DISPOÑIBILIDADE: os recursos mariños van variar debido aos cambios nos hábitats e a distribución de especies (aínda que nestes momentos é imposible de cuantificar)
    • ESTABILIDADE do mercado será impactado polos cambios na estacionalidade dos recursos e o aumento na variabilidade na produtividade do ecosistema.
    • ACCESO aos recursos mariños verase condicionado polos cambios das comunidades pesqueiras, cambios na xestión e oportunidades novas.
    • UTILIZACIÓN algúns lugares necesitarán axustarse a especies que non foron consumidas de xeito tradicional
  • É preciso deseñar e implementar as medidas de adaptación, o axuste dos sistemas natural e humano como resposta ao impacto do cambio climático, para reducir os danos, ou se é posible, para tomar vantaxe das oportunidades beneficiosas.
  • Temos que ir preparándonos para os impactos do cambio climático a curto, medio e longo prazo. Unha xestión sustentable pasa por ser efectiva a longo prazo. Temos que entender qué ferramentas serán máis efectivas no futuro, para o cal debemos ter en conta as preferencias dos actores, a participación e a equidade.